venres, 19 de xuño de 2020

Último aviso e despedida

Ola a todos, pitiños e pitiñas.

Cando cheguen as vosas mamás á casa, asegurádevos de que levaron a seguinte documentación:

  • Boletín de notas asinado
  • Lista de libros de texto para o ano que vén
  • Reserva de praza no comedor
  • Impresos do comedor
Se falta algunha das cousas, avisádeme e mándovolas por correo electrónico.

Lembrádelles que para facer calquera trámite no cole é necesario pedir cita previa (porque son un despistado e olvidóuseme).

Esta tarde recibiredes un correo cun archivo de deberes... Nin son obrigatorios nin os hai que entregar, simplemente é por se alguén non quere pasar todo o verán sen coller un lapis.

Mirade dentro do sobre das notas, Fígaro estivo facendo das súas.

E agora....


O mini-profe, o señor Cactus, Marcelino e mais eu desexámosvos que pasedes un verán estupendo. Que xoguedes, que saltedes, que disfrutedes todo o que poidades, mais... Mantendo as medidas de seguridade!

Foi un ano moi especial para min, e espero que o ano que vén sexa igual de especial convosco. Unha aperta moi grande.

O voso profe, que vos quere. 

xoves, 18 de xuño de 2020

AVISO

Ola rapaces e rapazas.

A profe Cristina pediume que pasásedes polo seu blog para unha última tarefa moi rápida. Tédelo na columna da dereita.

A LOUCURA CONTRA O MAL, final de temporada

Velaquí o terceiro episodio da radionovela do momento


venres, 12 de xuño de 2020

Corrección do traballo do día (9, 11, 12 de xuño)

Preme por última vez aquí.

Traballo do día (12 de xuño)

Bo día a todos e todas!

Velaquí o traballo de hoxe:

Naturais: Páx. 102 completa.

Sociais: Páx. 103: 46, 47, 48.


Se alguén quere facer club de lectura, que me avise antes das 11 para facérmolo a esa hora. En caso contrario, entenderei que non vos apetece.

E esta será a última entrada con tarefas. Unh vez teñades rematado, non haberá máis deberes este curso. A semana que vén dedicarémonos unicamente a clubs de lectura, radionovela e relaxarnos despois destes meses de duro traballo.

Moitos parabéns a todos e a todas!