Como sabedes, hoxe teño que ir ao cole e non sei se darei volto antes da 1.30, por tanto non vos vou poder resolver as dúbidas. De todos modos, se algo se vos atranca deixade espazo para ese exercicio, deixádeme as vosas dúbidas no correo ou no Skype e resolveréivolas en canto volva.
O traballo de hoxe é o seguinte:
Inglés/Ed. Física: Entregar antes das 10 os traballos da semana pasada se non o tedes feito, e consultar os blogs correspondentes para saber se hai traballo novo.
Sociais: Ler as páxinas 98 e 99, recoller o Aprende e responder as preguntas 22, 23, 23, 25 e 27. (Deixo as imaxes aquí para quen non as teña).
Naturais: Realizar un esquema (preferiblemente que mostre a información do xeito o máis visual posible) sobre as fontes de enerxía (consultar páxinas 92 e 93) e responder as preguntas 4 e 5.
Por certo, necesito anuncios para A loucura contra o mal que teñan que ver con algún aspecto do último episodio. LAL, MCC, LMC e CNE deberían presentar algún.
Que pasedes un bo día!
Ningún comentario:
Publicar un comentario