Velaquí o traballo para hoxe:
MATES: Pág. 152 completa.
LENGUA: Pág. 178 y 179 completas.
SOCI: Ler as páxinas 96 e 97 e responder as preguntas 17, 18, 19, 20. Deixo captura das páxinas a continuación para quen non as teña, así como certas matizacións a conceptos que no libro están tratados de forma incompleta ou incorrecta.
Nota: O uso do termo "Reconquista" é cuestionado polos historiadores modernos, pois procede dunha tradición nacionalista do século XIX que buscaba afianzar o sentimento de pertenza a unha única nación, neste caso a española ("Os musulmáns "conquistaron" España e a continuación os españois "reconquistaron" Al-Ándalus"). Esta concepción é incorrecta, pois o reino de España como tal non existía todavía.
Nota: Tal como aparece nestes mapas, a configuración da Hispania (Que non España) cristiá está incompleta, pois, por exemplo, Galicia tamén estivo constituída como reino entre os séculos X e XII; en ocasións compartía rei con León e noutras ocasións tiñan reis distintos.
Nota: O concepto de "repoboación" non é correcto neste caso: Os territorios xa estaban poboados cando pasaron a estar baixo o control dos reis cristiáns, porque os seus habitantes non abandoaron o territorio en masa nin foron masacrados, senón que os reis e nobres se converteron nos seus novos gobernantes. Os labregos, ao contrario do que di o libro, moi raramente conseguían terras propias, pois o rei adoitaba repartilas entre os nobres que participaran nas batallas cos seus exércitos e o alto clero, terras que despois eran arrendadas aos campesiños.
Ás 11 remataremos a gravación de A loucura contra o mal. Os que participen nesta actividade quedan exentos de realizar o "Organiza tus ideas" de Lengua.
Se vos apetece facer club de lectura despois, facédemo saber.
Ningún comentario:
Publicar un comentario