venres, 19 de xuño de 2020

Último aviso e despedida

Ola a todos, pitiños e pitiñas.

Cando cheguen as vosas mamás á casa, asegurádevos de que levaron a seguinte documentación:

  • Boletín de notas asinado
  • Lista de libros de texto para o ano que vén
  • Reserva de praza no comedor
  • Impresos do comedor
Se falta algunha das cousas, avisádeme e mándovolas por correo electrónico.

Lembrádelles que para facer calquera trámite no cole é necesario pedir cita previa (porque son un despistado e olvidóuseme).

Esta tarde recibiredes un correo cun archivo de deberes... Nin son obrigatorios nin os hai que entregar, simplemente é por se alguén non quere pasar todo o verán sen coller un lapis.

Mirade dentro do sobre das notas, Fígaro estivo facendo das súas.

E agora....


O mini-profe, o señor Cactus, Marcelino e mais eu desexámosvos que pasedes un verán estupendo. Que xoguedes, que saltedes, que disfrutedes todo o que poidades, mais... Mantendo as medidas de seguridade!

Foi un ano moi especial para min, e espero que o ano que vén sexa igual de especial convosco. Unha aperta moi grande.

O voso profe, que vos quere. 

xoves, 18 de xuño de 2020

AVISO

Ola rapaces e rapazas.

A profe Cristina pediume que pasásedes polo seu blog para unha última tarefa moi rápida. Tédelo na columna da dereita.

A LOUCURA CONTRA O MAL, final de temporada

Velaquí o terceiro episodio da radionovela do momento


venres, 12 de xuño de 2020

Corrección do traballo do día (9, 11, 12 de xuño)

Preme por última vez aquí.

Traballo do día (12 de xuño)

Bo día a todos e todas!

Velaquí o traballo de hoxe:

Naturais: Páx. 102 completa.

Sociais: Páx. 103: 46, 47, 48.


Se alguén quere facer club de lectura, que me avise antes das 11 para facérmolo a esa hora. En caso contrario, entenderei que non vos apetece.

E esta será a última entrada con tarefas. Unh vez teñades rematado, non haberá máis deberes este curso. A semana que vén dedicarémonos unicamente a clubs de lectura, radionovela e relaxarnos despois destes meses de duro traballo.

Moitos parabéns a todos e a todas!

xoves, 11 de xuño de 2020

A LOUCURA CONTRA O MAL, capítulo 1


Velaquí o primeiro episodio da nosa radionovela. Espero que vos guste!


Traballo do día (11 de xuño)

Bo día, meus pitiños!

Espero que onte disfutásedes do voso día libre. Se todo vai ben, pronto remataremos o traballo definitivamente. Ánimo coa recta final!

O traballo para hoxe é o seguinte:

Naturais: Páx. 97: 11, 12 e 13. Páx. 99: 14, 15, 16, 17

Sociais: Páx. 103: 42, 43, 44, 45.



Estarei dispoñible no Skype para o que precisedes. Que pasedes un bo día!

martes, 9 de xuño de 2020

Solución ao traballo do día (5 e 8 de xuño)

Para ver a solución do 5 de xuño, preme aquí.

Para ver a solución do 8 de xuño, preme aquí.

Traballo do día (9 de xuño)

Bo día a todos e todas!

Velaquí o traballo para hoxe:

Ciencias Sociais: Páx. 100: 28, 29, 30; páx. 101: 31, 32, 33, 35.



Ciencias Naturais: Páx. 95: 6, 7, 8, 9, 10

Se alguén quere facer club de lectura, que me avise no Skype antes das 11. Xa sabedes que dependemos de como vaian as vosas conexións.

Que teñades un bo día!

luns, 8 de xuño de 2020

Traballo do día (8 de xuño)

Boas a todos e todas!

Como sabedes, hoxe teño que ir ao cole e non sei se darei volto antes da 1.30, por tanto non vos vou poder resolver as dúbidas. De todos modos, se algo se vos atranca deixade espazo para ese exercicio, deixádeme as vosas dúbidas no correo ou no Skype e resolveréivolas en canto volva.

O traballo de hoxe é o seguinte:

Inglés/Ed. Física: Entregar antes das 10 os traballos da semana pasada se non o tedes feito, e consultar os blogs correspondentes para saber se hai traballo novo.

Sociais: Ler as páxinas 98 e 99, recoller o Aprende e responder as preguntas 22, 23, 23, 25 e 27. (Deixo as imaxes aquí para quen non as teña).




Naturais: Realizar un esquema (preferiblemente que mostre a información do xeito o máis visual posible) sobre as fontes de enerxía (consultar páxinas 92 e 93) e responder as preguntas 4 e 5.

Por certo, necesito anuncios para A loucura contra o mal que teñan que ver con algún aspecto do último episodio. LAL, MCC, LMC e CNE deberían presentar algún.

Que pasedes un bo día!

venres, 5 de xuño de 2020

Solución ao traballo do día (4 de xuño)

Premede aquí.

Traballo do día (5 de xuño)

Bo día a todos e todas.

Velaquí o traballo para hoxe:

Música: A profe Olalla deixou este aviso (preme para ler) e esta tarefa (preme para realizala).

Mates/Lengua: Realizar la siguiente ficha de repaso.

E isto é todo por hoxe! Non vos poño máis por se alguén ten tarefas pendentes doutras materias, para que vos poñades ao día.

Ás 11 faremos o club de lectura por Skype. Penso que comezamos pola páxina 114. 

xoves, 4 de xuño de 2020

SOLUCIÓN AO TRABALLO DO DÍA (3 de xuño)









De acordo co mapa, Galicia foi incorporada ao reino astur-leonés, pero como xa dixemos onte Galicia foi un reino independente en varias etapas entre os séculos X e XII, ata que foi definitivamente absorbido polo reino de León en 1.230.

Traballo do día (4 de xuño)

Ola a todos e todas!

Velaquí o traballo de hoxe:

NATURAIS: Ler as páxinas 90 e 91 e elaborar un esquema cos diferentes tipos de enerxía e outro coas súas propiedades. Responder as preguntas 1 e 2.

MATES: Pág. 154 completa.

RELIXIÓN, INGLÉS E ED. FÍSICA: Consultar os blogs destas tres áreas e aproveitar para rematar as tarefas da semana (ou, se tedes algunha pendente, realizala agora)

VALORES: Realizar a seguinte páxina do caderniño.

Se as vosas conexións van ben hoxe, gustaríame facer un club de lectura convosco, pois para a semana ímolo ter máis complicado.

mércores, 3 de xuño de 2020

Solución ao trballo do día (2 de xuño)




Jordan Clarke: "Freaks" (A canción do día)

A nosa compañeira MCC propón este tema para o día de hoxe.


TRABALLO O DÍA (3 de xuño)

Bo día a todos e todas!

Velaquí o traballo para hoxe:

MATES: Pág. 152 completa.

LENGUA: Pág. 178 y 179 completas.

SOCI: Ler as páxinas 96 e 97 e responder as preguntas 17, 18, 19, 20. Deixo captura das páxinas a continuación para quen non as teña, así como certas matizacións a conceptos que no libro están tratados de forma incompleta ou incorrecta.

Nota: O uso do termo "Reconquista" é cuestionado polos historiadores modernos, pois procede dunha tradición nacionalista do século XIX que buscaba afianzar o sentimento de pertenza a unha única nación, neste caso a española ("Os musulmáns "conquistaron" España e a continuación os españois "reconquistaron" Al-Ándalus"). Esta concepción é incorrecta, pois o reino de España como tal non existía todavía.

Nota: Tal como aparece nestes mapas, a configuración da Hispania (Que non España) cristiá está incompleta, pois, por exemplo, Galicia tamén estivo constituída como reino entre os séculos X e XII; en ocasións compartía rei con León e noutras ocasións tiñan reis distintos.

Nota: O concepto de "repoboación" non é correcto neste caso: Os territorios xa estaban poboados cando pasaron a estar baixo o control dos reis cristiáns, porque os seus habitantes non abandoaron o territorio en masa nin foron masacrados, senón que os reis e nobres se converteron nos seus novos gobernantes. Os labregos, ao contrario do que di o libro, moi raramente conseguían terras propias, pois o rei adoitaba repartilas entre os nobres que participaran nas batallas cos seus exércitos e o alto clero, terras que despois eran arrendadas aos campesiños.



Ás 11 remataremos a gravación de A loucura contra o mal. Os que participen nesta actividade quedan exentos de realizar o "Organiza tus ideas" de Lengua. 

Se vos apetece facer club de lectura despois, facédemo saber.


martes, 2 de xuño de 2020

Solución ao traballo do día (1 de xuño)





PARA COMPLETAR A RESPOSTA 15: A poboación cristiá non adoitaba ter baño na casa, agás as familias nobres ou moi adiñeiradas, polo que acudían a baños públicos, se ben estes tiñan mala fama. O máis habitual era que unha persoa se bañase só un par de veces ao ano, en épocas de calor. Para disimular o mal olor corporal, empregaban trucos como o uso de ramos de noiva.




TRABALLO DO DÍA (2 de xuño)

Bo día a todos e todas!

Velaquí o traballo para hoxe:

INGLÉS: Consultade o blog de Gloria (na columna da dereita) para saberdes o traballo desta semana.

LENGUA: Pág. 177 (1 a 6).

MATES: Calcula: 67.808 x 0,941= ; 870,744 : 876 = 

NATU: Páxina 89: 1, 2, 3, 4.

Vixiade a ver se en Clan poñen hoxe "Aprendemos en casa". En caso de que non sexa así, convoco aos integrantes da radionovela ás 11 no grupo de Skype para gravarmos o terceiro e último capítulo da mesma (se emiten o programa, a reunión posponse ás 12). Os personaxes que van aparecer son:

  • O narrador
  • Tolly
  • Lop
  • Mateu
  • Asnomino
  • Facfor
  • Acuífero
  • Brilo
  • Médica
  • Voz da radio
Os participantes na radionovela están exentos de facer a tarefa de Mates.