venres, 29 de maio de 2020

Solución ao traballo do día (28 de maio)

Preme aquí.

TRABALLO DO DÍA (29 de maio)

Ola galiñeiro!

Velaquí o traballo de hoxe:

MÚSICA: Debedes buscar en Youtube unha canción que vos guste e responder o seguinte cuestionario online (premede para realizalo). Podedes comunicarme as cancións para a nosa sección da canción do día.

MATES: Pág. 147: 4, 5, 6, 7 e realizaar os seguintes cálculos: 3:18:47 + 6:42:55 = ; 5:12:24 - 4:51:38 = ; 69.853,339 : 87,1

LENGUA: Pág. 176: 2, 3, 4, 6, 8, 9 (El anuncio se puede elaborar en gallego y en formato auditivo para ser incluido en A loucura contra o mal) .

NATU: Páx. 84 completa.

Ás 12 gravaremos o segundo episodio de A loucura contra o mal, polo que deben estar presentes os actores que interpreten a:

  • O narrador
  • Tolly
  • Lop
  • Brilo
  • Michu
  • Verdul
    • NOTA: O equipo da radionovela está exento de facer as contas de Mates.
Agora que finalizamos o mes, non podo menos que felicitarvos a todos e todas polo esforzo que levades facendo desde o mes de marzo por levardes o traballo ao día (case sempre...). Mellor ou peor feito, seguides mantendo bos hábitos de traballo e, aínda que loxicamente agora avancemos moito máis lento (non podía ser doutro xeito estando cada un na súa casa) teño que dicir que estou orgulloso de como levastes o confinamento e a desescalada.

Por tanto, como premio pola vosa dedicación, no mes de xuño traballaremos polas mañás, de 9:30 a 13:30, para que a tarde vos quede libre. Damos os retos por rematados este curso. Non esquezades enviar os #retosrefraneiros que nos quedan pendentes.

xoves, 28 de maio de 2020

Solución ao traballo do día (27 de maio)





Traballo do día (28 de maio)

Bo día a todos e todas!

Velaquí o traballo de hoxe.

RELIXIÓN: Consultade o blog de María Jesús (na columna da dereita) para coñecer o traballo desta semana.

VALORES: Facer unha folla do caderniño.

MATES: Pág. 147: 1, 2, 3

LENGUA: Pág. 174: 2, 5, 6; pág. 175: 1, 2, 3, 4, 5, 6

INGLÉS: Facer o terceiro dos exercicios que vos pediu Gloria.

Ed. FÍSICA: Rematar as tarefas que vos mandou Cristina.

Non esquezades ver Clan ás 11.

Despois,  se se apuntan cinco persoas como mínimo, faremos un club de lectura a través de Webex, a ver que tal funciona con todos conectados.

Mañá ás 12 gravaremos o seguinte episodio de A loucura contra o mal.

mércores, 27 de maio de 2020

Solución ao traballo do día (26 de maio)

Preme aquí.

Traballo do día (27 de maio)

Ola a todos e todas!

Velaquí o traballo para hoxe:

LENGUA: Página 173 (completa)

  • OJO! Una fábula es mucho más que un cuento protagonizado por animales: debe incluir una enseñanza o moraleja.

MATES: Página 146 (completa)

INGLÉS: Facer un dos exercicios que vos propuxo Gloria.

SOCI: Ler as páxinas 92 e 93 e responder as preguntas 6, 7, 8, 9, 10 e 11 (Como non levastes o Atlas todos, déixovos aquí as imaxes das páxinas que debemos consultar).






Non esquezades ver Clan ás 11. Cando teñades un anaquiño libre, faládeme para intentar conectarnos a través de Webex. Cando todos vos teñades conectado cando menos unha vez, retomaremos as sesións do club de lectura.

martes, 26 de maio de 2020

Solución ao traballo do día (25 de maio)

Preme aquí.

INSTRUCIÓNS PARA CONECTARSE A WEBEX

Como o Skype ultimamente nos está dando problemas para realizar as nosas videochamadas, a partir de hoxe intentaremos empregar o servidor de videoconferencias que habilitou a Xunta de Galicia para nós.

Para iso, debedes seguir os seguintes pasos:

SE VOS CONECTADES DESDE UN ORDENADOR

1.- Premede no enlace que vos proporcionarei a través do chat de Skype.

  • OLLO! NON USEDES NINGÚN NAVEGADOR DE MICROSOFT (Internet Explorer ou Microsoft Edge), pois non funcionan ben.

2.- Se vos descarga unha aplicación non a instaledes e premede en "Únase desde su navegador" (en letras azuis, debaixo de "y empiece a colaborar"



3.- Na seguinte pantalla, introducide o voso nome e unha dirección de correo válida no campo onde volo piden (podedes usar a mesma que utilizades para conectarvos a Skype)

4.- Na seguinte pantalla, pulsade "omitir", mais asegurádevos de que a vosa cámara e o voso micro están activados.

E, se todo vai ben, pulsades o botón verde (Unirse a la reunión) e apareceredes xa na sala grupal.

SE UTILIZADES UN TELÉFONO MÓBIL OU UNHA TABLET (Desaconsellado; mellor é conectarse desde un ordenador)

1.- Premedes no enlace que vos enviarei a través de Skype

2.- Antes de comezar, deberedes descargar a aplicación de Webex. Isto só o podedes facer baixo a supervisión dun adulto. Pulsades "Descargar" (arriba á dereita) e a continuación "PlayStore" > Solo una vez.

3.- Unha vez que a teñades instalada, volvede pulsar no enlace que vos proporcionei (está no Skype) e pulsade sobre "Unirse mediante la aplicación instalada"

4.- Concedede os permisos para acceder á cámara e ao micrófono e aceptade as condicións de uso. Introducide o voso nome e correo electrónico cando volo solicite.



5.- Unha vez realizados todos eses pasos, pulsade "seguinte" e xa deberíades estar conectados.

NOTA: A conexión por teléfono móbil debe empregarse como último recurso, unicamente cando sexa totalmente imposible acceder a un ordenador. Non me fai ningunha gracia que descarguedes aplicacións nun teléfono móbil que non é voso, pois se metedes a pata pode quedar consumindo datos en segundo plano ou cargar cartos á factura do teléfono. Que non se vos ocorra descargar a aplicación sen un adulto presente que vexa o que estades facendo!

Unha vez rematemos a videochamada, asegurádevos de que pechades a aplicación completamente (en teléfonos Android, pulsando no cadrado da parte de abaixo e pechando a aplicación manualmente ou pulsando na icona da papeleira)



TRABALLO DO DÍA (26 de maio)

Bo día a todos e todas.

Velaquí o traballo de hoxe.

INGLÉS: Facer un dos tres exercicios que vos encargou Gloria sobre o vídeo da reciclaxe.

MATES: Problemas de la página 143. ¡¡¡No olvidéis que para hacer cálculos de tiempo hay que ajustar el resultado si es una suma, o el minuendo si es una resta!!! (Que a mucha gente se le olvida...)

LINGUA: Comproba o que aprendiches (páxs. 178 e 179).

NATU: Páx. 78 (29, 30, 31), páx. 79 completa.

Hoxe non poderemos facer club de lectura nin gravación de A loucura contra o mal.

luns, 25 de maio de 2020

Solución ao traballo do día (22 de maio)

Preme aquí. 

TRABALLO DO DÍA (25 de maio)

Bo día a todos e todas, e bo inicio de semana!

Lembrade que, se non o fixestes aínda, debedes enviar as tarefas de Inglés e de Educación Física antes das 10.

Velaquí o traballo para hoxe:

LENGUA: Recoger el Aprende de la página 172 y responder las preguntas 1 a 4 (Conocemos perfectamente lo que es una personificación. Una hipérbole es una exageración.)

MATES: Fijaos en el cuadro de la página 142.


  • Para sumar datos de tiempo, debemos colocarlos según sus unidades: las horas con las horas, los minutos con los minutos y los segundos con los segundos, y sumar cada una de las unidades independientemente. Si alguno de los resultados es superior a 60, restaremos 60 a esa unidad (segundos o minutos) y le sumaremos 1 a la inmediatamente superior.
  • Para restar datos de tiempo, debemos asegurarnos de que, una vez colocada la resta, el minuendo sea superior al sustraendo en todas sus unidades. Si esto no se produce, deberemos pedirle prestada una unidad al vecino (si tenemos que ajustar los minutos, restamos 1 a las horas y sumamos 60 a los minutos). Una vez que el minuendo esté ajustado, restamos cada unidad de forma independiente.
Si tenéis alguna duda, preguntadme y os lo explico uno a uno. Los ejercicios que debéis hacer son el 27, el 28 y el 29. 

SOCI: Elaboramos un esquema no que aparezan os seguintes datos. Para realizalo, podedes consultar as páxinas 90 e 91 do libro:
  • Duración da Idade Media.
  • Etapas en que se divide a Idade Media e principais características de cada unha,
  • Grupos sociais que existían na Idade Media.
LINGUA: Como sabedes, os anuncios poden ser visuais, auditivos ou audiovisuais. O traballo de hoxe é sinxelo: Redactar un anuncio para a radio, preferiblemente cun toque de humor, para calquera destes produtos:
  • Unha clínica 
  • Unha marca de motoserras
  • Unha academia de Matemáticas
  • Unha planta recicladora de plástico
  • Unha compañía de seguros contra roubos
  • Unha marca de electrodomésticos
    • OPCIONAL: Podedes elixir unha canción de fondo para o voso anuncio
    • Os participantes en A loucura contra o mal están exentos de realizar esta tarefa.
No seguinte vídeo podedes ver algúns exemplos de anuncios radiofónicos



Hoxe ás 10:30 teremos unha reunión para rematar de repartir os papeis d`A loucura contra o mal, e despois do club de lectura gravaremos a primeira escena, onde participan o Narrador, Tolly e Brilo.

Non esquezades ver Clan ás 11 e avisar de quen se vai apuntar ao club de lectura ás 12.


venres, 22 de maio de 2020

SOLUCIÓN AO TRABALLO DO DÍA (21 de maio)

Preme aquí. 

TRABALLO DO DÍA (22 de maio)

Bo día a todos e todas!

Velaquí o traballo de hoxe.

MÚSICA: A profe Olalla deixou estas instrucións para esta semana (premede para descargar).

MATES: Pág. 141 (21, 22, 23, 25, 26)

LINGUA: Páx. 177 (Plans de futuro para o atún)

NATURAIS: Páx. 78 (22, 24, 25, 27, 28)

Realizaremos un club de lectura ás 12 se se apuntan cando menos cinco persoas. Ás 12:30 repartiremos os papeis de A loucura contra o mal para iniciar as gravacións o luns.


xoves, 21 de maio de 2020

Solución ao traballo do día (20 de maio)

Premede aquí.

#retorefraneiro propostas da semana

Esta semana enviástesme novas propostas pictóricas e escultóricas. Parabéns, artistas!










TRABALLO DO DÍA (21 de maio)

Bo día, pitiños e pitiñas.

Velaquí o traballo de hoxe.

RELIXIÓN: Visitade o blog de María Jesús (tedes o enlace na columna da dereita) para saber o traballo desta semana.

MATES: Pág. 140 completa.

LENGUA: Recoger el Aprende de la página 170 y responder las preguntas 2, 3, 4, 5, 6 y 7. (El ejercicio 7 no tiene por qué ser un anuncio de una clínica veterinaria; puede ser cualquier tipo de negocio)

Se non o tedes xa rematado, facede o que vos quede das tarefas de Inglés e de Educación Física.

Temos que aprazar o club de lectura que tiñamos para hoxe, así como a reunión de A loucura contra o mal. En calquera caso, espero que teñades lido xa o guión e elixidos os personaxes.

mércores, 20 de maio de 2020

Solución ao traballo do día (19 de maio)

Preme aquí.

TRABALLO DO DÍA (20 de maio)

Bo día rapaces e rapazas.

Velaquí o traballo de hoxe:

LINGUA: Páxina 176 completa

MATES: Página 139 completa y realizar las siguientes operaciones.

    • 26.691 : 65,3 =
    • 1.802,35 x 97,1 =
    • 3.929.861,394 : 604 =


INGLÉS: Hacer un par de ejercicios de los que mandó Gloria (su blog esdtá enlazado en la columna de la derecha)

CIENCIAS NATURAIS: Realizar un esquema sobre as propiedades dos materiais (páx. 74) e responder as preguntas 14, 15 e 16 (páx. 75).

Non olvidedes o programa de Clan ás 11:00 e o noso club de lectura ás 12:00 sempre e cando se anoten cinco persoas ou máis.

Despois do club de lectura, se este se produce, levaremos a cabo unha reunión de participantes na nosa radionovela A loucura contra o mal para repartir papeis e iniciar as gravacións. Quen se una a ese equipo quedará exento de facer as contas de Mates.

martes, 19 de maio de 2020

Solución ao traballo do día (18 de maio)

Premede aquí.

Diarios do confinamento

Aínda que as medidas da corentena se relaxaron, cómpre non olvidar que a seguridade é moi importante para evitar confinamentos estritos como o que vivimos nos meses de marzo e abril.

Os nosos amigos Jessica, Federico, Pepita e Princesita recórdannos como é a vida estando confinados, para que non esquezamos cumprir coas medidas de seguridade axeitadas para evitar a propagación de certo bichiño que nos trae a mal traer.


Traballo do día (19 de maio)

Bo día a todos e todas.

Velaquí o traballo do día:

Inglés: Realizar a terceira parte das actividades que mandou a profe.

Matemáticas: Pág. 138: 10, 11, 12

Sociais: Responder as preguntas da páxina 89 despois de ler o texto (Deixo unha imaxe para quen non teña o libro; podedes vela en grande pulsando ou clicando sobre ela)


Lengua: Págs. 168 y 169 completas (excepto los dictados)

luns, 18 de maio de 2020

Radionovelas

Hoxe en día en todas as casas hai un ou varios televisores, va que si?

Televisor Grundig Modelo Bn12 Blanco Y Negro Funciona $ 750 ...
Imaxe do primeiro televisor que houbo na miña casa... Era en branco e negro!

E como moitos de nós vivimos toda a nosa vida cun aparello destes nas nosas casas, pensamos que toda a vida foi igual. Pois non tal!

A televisión non empezou a emitir regularmente en España ata o ano 1.956, e daquela un televisor era un produto de luxo que moi pouca xente se podía permitir. E daquela, como podían facer para entreterse? Pois ben, amais de interactuaren moito máis cos membros da familia, en moitas casas había un aparato de radio como o que podedes ver a continuación, e que moitas veces se prendía cando se levantaba o primeiro da casa e se apagaba cando se deitaba o último:

Radios Antiguas a Válvulas 【Tienda ⚡ Online】➞ Radios-Antiguas.com
Radio a válvulas Grundig, fabricada en Alemaña; aproximadamente década de 1.960

Naquel tempo, os programas de radio eran moi parecidos aos de hoxe: Había un noticiario todos os días (seguro que se lle preguntades aos vosos avós qué era o "parte" volo poden explicar moi ben), emitían programas musicais nos que saían os grandes éxitos do momento, mesmo a veces con dedicatorias, partidos de fútbol.... E como a radio era un aparello moi popular, tamén emitían moitos contidos que hoxe en día desapareceron, como consultorios sentimentais ou radionovelas.

As radionovelas eran historias, normalmente tráxicas, que eran interpretadas por actores de voz, por tanto unicamente se escoitaban, e a imaxinación dos ouvintes facía o resto. Polo medio aparecían anuncios, case igual que cando vemos unha serie de televisión como "El secreto de Puente Viejo", pero sen imaxes. Velaquí unha mostra:


Evidentemente, os gustos cambiaron moito desde os anos 50 e 60 do século pasado, así que de aquí a uns días actualizaremos o concepto de "Radionovela". Permanecede atentos ás vosas pantallas....

Solución ao traballo do día (15 de maio)

Premede aquí.

TRABALLO DO DÍA (18 de maio)

Bo día a todos e todas.

Lembrade que, se non o fixestes, debedes enviar as tarefas de Inglés e de Educación Física antes das 10 da mañá de hoxe.

Velaquí o traballo do día:

Lingua: Páxina 175 completa (agás o 7)

Matemáticas: Págs. 136 y 137 completas (excepto el 6)

Naturais: Elaborar un esquema coa definición e os efectos das forzas (páx. 72). Responder a pregunta 13 da páx. 73.

Ed. Física: Revisar o blog de Educación Física (na columna da dereita) para saber qué tedes que facer esta semana.

Quen non entregase todavía a súa escaleta debe facelo antes do final desta semana. Do contrario, o seu conto non sairá na radio.

Hoxe en Clan hai clase de Matemáticas, e haberá club de lectura a continuación, sempre e cando se apunten cinco alumnos/as ou máis.

venres, 15 de maio de 2020

Solución ao traballo do día (14 de maio)

Preme aquí.

TRABALLO DO DÍA: 15 de maio

Bo día.

Velaquí o traballo de hoxe:

MÚSICA: Seguide as instrucións que vos deixou a profe Olalla (premede para ver).

MATES: Resolvede as seguintes operacións:

  • 80.140,65 : 94,2 =
  • 213.706,25 x 408,6 =
  • 6.957.015,78 : 706 =
  • 206 x 0,924 =
LENGUA: Pág. 163. 

LINGUA: Acudir ao blog do EDLG do noso cole: O candil de Zas (preme para acceder). Nel, podes ver un vídeo para coñecer un pouco máis ao homenaxeado do Día das Letras Galegas deste ano. Despois, realizade o xogo interactivo e enviádeme o código secreto.

SOCIAIS: Realizar os exercicios da páxina 87. Déixovos unha imaxe da páxina por se alguén non a ten, e un mapa físico e político de Europa por se o necesitades. (NOTA: Os exercicios que din "en grupos" podédelos facer, como máximo, en parellas, comentándoo con alguén da clase que viva na vosa casa ou a través dun chat do Skype; se non vos é posible podedes facelo individualmente, pero non me valen respostas dunha ou dúas palabras, quero xustificación do que dicides.)




Abaixo vos deixo os mapas físico e político de Europa por se non tedes un atlas á man. Se premedes sobre eles podédelos ver en grande.






xoves, 14 de maio de 2020

#retorefraneiro novas propostas

Esta segunda semana está dándonos para moito! Estou ben orgulloso do meu galiñeiro.















Solución ao traballo do día (13 de maio)

Preme aquí. (Está incluída a folla que faltaba do 12 de maio)

TRABALLO DO DÍA (14 de maio)

Bo día a todos e todas!

Velaquí o traballo para hoxe:

RELIXIÓN: Consultar o blog de María Jesús (aparece na columna da dereita) para saber o traballo desta semana.

VALORES: Déixovos este caderno (preme para descargar). Ide facendo unha ou dúas páxinas por semana.

LINGUA: Páxina 174: 1, 2, 4, 5

NATURAIS: Ler a páxina 70 e facer un esquema sobre as propiedades específicas da materia. Responder a pregunta 10 da páxina 71.

INGLÉS: Rematar os exercicios de Gloria (o seu blog está na columna da dereita)

Ed. FÍSICA: Rematar as tarefas que mandou Cristina.

Hoxe e mañá non poderemos facer videochamada, pero non esquezades a clase de Clan ás 11.

mércores, 13 de maio de 2020

Solución ao traballo do día (12 de maio)

Premede aquí.

#retorefraneiro novas propostas

Esta semana estades mandando unha interesante mestura de pintura e escultura que me está encantando.

Velaquí os vosos debuxos






E velaquí unha escultura marabillosa, que parece saída dunha igrexa medieval