venres, 15 de maio de 2020

TRABALLO DO DÍA: 15 de maio

Bo día.

Velaquí o traballo de hoxe:

MÚSICA: Seguide as instrucións que vos deixou a profe Olalla (premede para ver).

MATES: Resolvede as seguintes operacións:

  • 80.140,65 : 94,2 =
  • 213.706,25 x 408,6 =
  • 6.957.015,78 : 706 =
  • 206 x 0,924 =
LENGUA: Pág. 163. 

LINGUA: Acudir ao blog do EDLG do noso cole: O candil de Zas (preme para acceder). Nel, podes ver un vídeo para coñecer un pouco máis ao homenaxeado do Día das Letras Galegas deste ano. Despois, realizade o xogo interactivo e enviádeme o código secreto.

SOCIAIS: Realizar os exercicios da páxina 87. Déixovos unha imaxe da páxina por se alguén non a ten, e un mapa físico e político de Europa por se o necesitades. (NOTA: Os exercicios que din "en grupos" podédelos facer, como máximo, en parellas, comentándoo con alguén da clase que viva na vosa casa ou a través dun chat do Skype; se non vos é posible podedes facelo individualmente, pero non me valen respostas dunha ou dúas palabras, quero xustificación do que dicides.)




Abaixo vos deixo os mapas físico e político de Europa por se non tedes un atlas á man. Se premedes sobre eles podédelos ver en grande.






Ningún comentario:

Publicar un comentario