luns, 11 de maio de 2020

TRABALLO DO DÍA: 11 de maio

Bo día a todos e todas, e bo inicio de semana!

Como sabedes, estamos na Semana das Letras Galegas, así que dedicaremos parte do noso tempo a pescudar a figura de Ricardo Carvalho Calero, o homenaxeado deste ano.

Comezaremos o noso percorrido por un breve repaso sobre a importandia dunha das súas obras máis senlleiras: a Historia da literatura galega contemporánea. Descargade esta ficha e seguide as instrucións. Aconséllovos que non a imprimades, pois son catro follas con moito debuxo e cor, así que ha gastar moita tinta, por tanto é mellor lela na pantalla e resolver as actividades na libreta.

MATES: Pág. 150: 1, 2, 3, 4, 7

LENGUA: Leemos la lectura de la pág. 159 y contestamos las preguntas 1 a 5

Ed. Física: Lembrade que antes das 10 deben estar entregadas as actividades da semana pasada. Consultade o blog (tédelo á dereita) para coñecer as actividades desta semana.

Inglés: Lembrade que tedes que enviarlle a Gloria o traballo da semana pasada antes de hoxe ás 10.

Temos a clase de Clan ás 11, pero hoxe non poderemos facer videochamada grupal.

E non esquezades participar no #retorefraneiro; lembrade que tedes que facer cando menos unha achega por semana e hai quen aínda debe a da semana pasada! Estade moi atentos, pois á unha e media recibiremos unha visita moi especial relacionada con este tema.


Ningún comentario:

Publicar un comentario