venres, 29 de maio de 2020

TRABALLO DO DÍA (29 de maio)

Ola galiñeiro!

Velaquí o traballo de hoxe:

MÚSICA: Debedes buscar en Youtube unha canción que vos guste e responder o seguinte cuestionario online (premede para realizalo). Podedes comunicarme as cancións para a nosa sección da canción do día.

MATES: Pág. 147: 4, 5, 6, 7 e realizaar os seguintes cálculos: 3:18:47 + 6:42:55 = ; 5:12:24 - 4:51:38 = ; 69.853,339 : 87,1

LENGUA: Pág. 176: 2, 3, 4, 6, 8, 9 (El anuncio se puede elaborar en gallego y en formato auditivo para ser incluido en A loucura contra o mal) .

NATU: Páx. 84 completa.

Ás 12 gravaremos o segundo episodio de A loucura contra o mal, polo que deben estar presentes os actores que interpreten a:

  • O narrador
  • Tolly
  • Lop
  • Brilo
  • Michu
  • Verdul
    • NOTA: O equipo da radionovela está exento de facer as contas de Mates.
Agora que finalizamos o mes, non podo menos que felicitarvos a todos e todas polo esforzo que levades facendo desde o mes de marzo por levardes o traballo ao día (case sempre...). Mellor ou peor feito, seguides mantendo bos hábitos de traballo e, aínda que loxicamente agora avancemos moito máis lento (non podía ser doutro xeito estando cada un na súa casa) teño que dicir que estou orgulloso de como levastes o confinamento e a desescalada.

Por tanto, como premio pola vosa dedicación, no mes de xuño traballaremos polas mañás, de 9:30 a 13:30, para que a tarde vos quede libre. Damos os retos por rematados este curso. Non esquezades enviar os #retosrefraneiros que nos quedan pendentes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario