mércores, 13 de maio de 2020

TRABALLO DO DÍA (13 de maio)

Bo día, meus pitiños. Velaquí o traballo de hoxe.

INGLÉS: Revisade o blog de Gloria (podédelo atopar na columna da dereita) para saber se colgou traballo novo e facede algunha actividade.

LENGUA/MATE: Realizar a seguinte ficha (preme para descargar). OLLO! Escribir un texto significa usar o voso PODER, non me vale unha cousa sen orde nin concerto e o primeiro que se nos ocorra. Hai que pensar, logo organizar, decidir, escribir e revisar. E iso non se fai en 15 minutos, querida Mari Pepa!

Cando estea a ficha rematada, deberemos realizar a nosa escaleta para publicar os nosos contos en Onda Zas.

Premede aquí para ver as instrucións. Ademais, enviádeme unha nota de voz por Skype dicindo "Onda Zas presenta..... Como cambia o conto!" cunha voz e entoación axeitadas, para facer unha cabeceira para o programa. (ollo! pausas, entoación....)

Non olvidedes o programa de Clan ás 11, e ás 12 faremos club de lectura por videoconferencia para quen lle apeteza unirse.

Ningún comentario:

Publicar un comentario