Para iso, debedes seguir os seguintes pasos:
SE VOS CONECTADES DESDE UN ORDENADOR
1.- Premede no enlace que vos proporcionarei a través do chat de Skype.
- OLLO! NON USEDES NINGÚN NAVEGADOR DE MICROSOFT (Internet Explorer ou Microsoft Edge), pois non funcionan ben.
2.- Se vos descarga unha aplicación non a instaledes e premede en "Únase desde su navegador" (en letras azuis, debaixo de "y empiece a colaborar"
3.- Na seguinte pantalla, introducide o voso nome e unha dirección de correo válida no campo onde volo piden (podedes usar a mesma que utilizades para conectarvos a Skype)
4.- Na seguinte pantalla, pulsade "omitir", mais asegurádevos de que a vosa cámara e o voso micro están activados.
E, se todo vai ben, pulsades o botón verde (Unirse a la reunión) e apareceredes xa na sala grupal.
SE UTILIZADES UN TELÉFONO MÓBIL OU UNHA TABLET (Desaconsellado; mellor é conectarse desde un ordenador)
1.- Premedes no enlace que vos enviarei a través de Skype
2.- Antes de comezar, deberedes descargar a aplicación de Webex. Isto só o podedes facer baixo a supervisión dun adulto. Pulsades "Descargar" (arriba á dereita) e a continuación "PlayStore" > Solo una vez.
3.- Unha vez que a teñades instalada, volvede pulsar no enlace que vos proporcionei (está no Skype) e pulsade sobre "Unirse mediante la aplicación instalada"
4.- Concedede os permisos para acceder á cámara e ao micrófono e aceptade as condicións de uso. Introducide o voso nome e correo electrónico cando volo solicite.
5.- Unha vez realizados todos eses pasos, pulsade "seguinte" e xa deberíades estar conectados.
NOTA: A conexión por teléfono móbil debe empregarse como último recurso, unicamente cando sexa totalmente imposible acceder a un ordenador. Non me fai ningunha gracia que descarguedes aplicacións nun teléfono móbil que non é voso, pois se metedes a pata pode quedar consumindo datos en segundo plano ou cargar cartos á factura do teléfono. Que non se vos ocorra descargar a aplicación sen un adulto presente que vexa o que estades facendo!
Unha vez rematemos a videochamada, asegurádevos de que pechades a aplicación completamente (en teléfonos Android, pulsando no cadrado da parte de abaixo e pechando a aplicación manualmente ou pulsando na icona da papeleira)
Ningún comentario:
Publicar un comentario