Ola a todos e todas!
Aquí estamos de novo coas nosas clases virtuais.
Como saberedes, o estado de alarma prorrogouse ata o 26 de abril, polo que estaremos polo menos outras dúas semaniñas traballando deste xeito.
Pronto vos levarán á casa os libros que deixastes na clase. A partir de agora veremos cousas que non se deron este ano, pero moitas desas cousas xa as sabedes, ademais temos os vídeos de Clan e algunha mini-explicación que colgarei no blog (estou aprendendo a facer vídeos didácticos, tede paciencia).
Tamén me gustaría poder facer unha videochamada con todos e todas, porque vos boto un pouco en falta. A ver se podemos organizarnos para vernos un ratiño esta semana.
Ningún comentario:
Publicar un comentario