xoves, 30 de abril de 2020

TRABALLO DO DÍA: 30 de abril

Bo día a todos e todas.

Rematamos o mes coas seguintes actividades:

RELIXIÓN: Consultar o blog de María Jesús para coñecer o traballo proposto.

VALORES: Moitas veces, aprendemos certos costumes ou códigos de conduta sen nos dar conta. Ademais, estes códigos adoitan ser discriminatorios cara algún colectivo minoritario (pensemos, por exemplo nos bufóns das cortes, que adoitaban ser persoas con algún tipo de discapacidade cuxa función era facer rir aos nobres), ao que chegamos a menosprezar sen nos dar conta de que o estamos facendo. Isto reflíctese en moitas formas de expresión artística, como a pintura ou a música. Déixovos un exemplo de cada:

El Niño de Vallecas - Colección - Museo Nacional del Prado
"El niño de Vallecas", por Diego Velázquez (Retrato dun suposto bufón, ano 1.635)

Canción "Mari Pepa", interpretada por Ana Kiro (ano 1.989)

A vosa misión, detectives dos valores, é pescudar outros exemplos de menosprezo ou discriminación cara un colectivo en calquera manifestación artística que se vos ocorra (pintura, escultura, música, literatura, cine...), xunto cunha breve xustificación de por que elixides esa obra e que tipo de menosprezo aparece. Deben aparecer un mínimo de tres obras, e o traballo non debe ocupar máis de dúas páxinas con letra Arial a tamaño 12. Data límite de entrega: 5 de maio.

SOCI: Ler as páxs. 76 e 77, recoller o Aprende e responder as preguntas 23, 24, 25 e 26.

LENGUA: Página 156 (todos excepto el 5) NOTA: El término "morfemas derivativos" se refiere a lo que conocemos como "PREFIJOS Y SUFIJOS"

Non esquezades ver a clase de Clan ás 11.00.

INGLÉS: Rematar as tarefas que vos mandou Gloria, que como sabedes tedes que entregar no prazo que vos marcou.

ED. FÍSICA: Revisar o blog de Educación Física

Ningún comentario:

Publicar un comentario