Velaquí o traballo para hoxe:
INGLÉS: Revisar o blog de Gloria por se hai tarefa ou instrucións novas; se non, repasar a que xa se deu.
MATE: A semana pasada explicaron en Clan as unidades de medida, polo que xa podedes facer os exercicios do tema 7. Se alguén ten dúbidas, por suposto, pode contactarme para que llo explique a través dun mini-vídeo ou unha chamada. Páx. 120: 1 e 2; páx. 121 3, 4, 5, 6.
Non esquezades ver a clase de Clan ás 11.
LINGUA: repaso da ortografia da b e da v: Páx. 150: 1, 2, 3; páx. 151: 4, 5, 6.
Quen non mos enviase xa, necesito que me mandedes fotografía dos exercicios de onte, para saber que os tedes feitos. Pode ser ao correo ou ao Skype. Valen fotos de móbil.
Ningún comentario:
Publicar un comentario