Bo día!
Hoxe, como sabedes. é o día do libro. Por ese motivo, hoxe unicamente teremos unha actividade literaria.
Tras un sorteo realizado ante tres testigos (os meus tres gatos), asignei a cada un de vós un personaxe protagonista, un antagonista e un espazo tirados dos contos que fixestes estes últimos días, doutros contos coñecidos e de libros coñecidos. Podedes consultalos na seguinte lista (preme para vela). Ademais... Quen sería capaz de dicirme de que obras saquei os elementos? Escribídeo nos comentarios.
Con eses personaxes e espazo, deberedes crear unha historia que cumpra coas seguintes condicións:
1. Debe ser un texto narrativo completo (con presentación, nó e desenlace)
2. Debe incluír unha descrición detallada, cando menos, dunha persoa e dun lugar.
3. O protagonista e o antagonista deben atoparse, cando menos, dúas veces cun período de tempo entre medias.
4. O relato debe incluír algún elemento relacionado coa maxia.
5. Debe aparecer, cando menos, unha criatura mitolóxica.
6. Calquera detalle orixinal será benvido.
Lembrade que, sempre que escribimos, debemos usar o noso PODER.
Pensar
Organizar
Decidir
Escribir
Revisar
Así que alá imos! Deixade voar a vosa imaxinación.
algunhas cousas son de harry potter as outras non sei
ResponderEliminar7w7