luns, 20 de abril de 2020

RETO DO DÍA: 20 de abril.

Hoxe quérovos presentar a Teresa, que é auxiliar da biblioteca no concello de Cambre, onde eu vivín desde os oito ata os taitantos anos. É amiga miña desde hai máis de vinte e cinco anos, gústalle moito  a natureza, e sabe moitas cousas de plantas e animais, entre outras virtudes. Nestes días de corentena decidiu compartir a súa sabedoría cos nenos e nenas, así que decidín traela como invitada ao noso blog.



Quen ía pensar que unha historia tan coñecida tivese lugar no concello de Cambre, en lugares polos que eu pasei tantas veces?

Pois velaquí o reto de hoxe: Os contos non teñen por que suceder en reinos moi, moi lonxanos, senón que poden pasar en Langueirón, Muiño, Meanos, Romelle, O Allo ou a mesma Zas. Así que hoxe, quen queira, pode contar un conto ou historia, coñecida ou descoñecida, ambientada nos arredores do noso cole.

Ollo! Non se trata de dicir "Había unha vez en Muiño unha nena que sempre levaba unha carapucha vermella" e logo contar o conto coma sempre, senón de ir engadindo detalles ao longo de toda a historia como fixo a miña amiga Teresa.

Teño moitas ganas de ler os vosos contos!

3 comentarios:

  1. Fue entretenido y no sabía que esa historia sucediese en Cambre

    ResponderEliminar
  2. Me parecio muy interesante la nueva historia del patito feo

    ResponderEliminar
  3. me encantooooo
    perooooo.... la verdadera pregunta es: paso de verdaaad?! TAN TAN TAAAAAN
    XD

    ResponderEliminar