venres, 3 de abril de 2020

TRABALLO DO DÍA: 3 de abril

Benvidos e benvidas ao último día de clase antes das vacacións!

Velaquí o traballo de hoxe.

MÚSICA: Aquí tedes algunhas actividades que vos deixou a profe Olalla (preme)

LINGUA/LENGUA/RETO DA SEMANA: Imos facer un "Como cambia o conto!". O procedemento é o seguinte:


  1. Eliximos un conto moi coñecido por todos nós, que teña claramente un protagonista (un "bo") e un antagonista (un "malo").
  2. Reescribimos o conto desde o punto de vista do antagonista (Por exemplo, contar "Os tres porquiños" desde o punto de vista do lobo).
    • Para elixir idioma: Se fixestes o conto do 31 de marzo en castelán, hoxe facédelo en galego, e viceversa.
  3. Este é o reto: Quen queira, e poida, pode gravarse a si mesmo contando o "conto cambiado" nun arquivo de audio (usando a gravadora do móbil ou o ordenador, por exemplo). Con eses audios e 10 ou 20 imaxes (fotografías ou pequenos clips de vídeo) que me suxirades montarei un pequeno vídeo de cada conto que reciba. (En breve subirei un exemplo d'Os tres porquiños para que o vexades)

Seguro que facedes uns contos estupendos! Esmerádevos, e así poderemos incluílos na programación de Onda Zas. Tedes todas as vacacións para facelo. Nada de tarefas feitas en cinco minutos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario