mércores, 25 de marzo de 2020

A CANCIÓN DO DÍA: 25 de marzo

Para facer máis ameno isto de ter que quedarnos na casa todo o día, propoño que de hoxe en diante cada un de vós propoña unha canción descoñecida e orixinal para poñer aquí e alegrar ao resto.

Empezo eu!

Preséntovos a Yma Sumac, unha cantante peruana moi famosa na segunda metade do século XX. Ata o día de hoxe, é a cantante co maior rexistro vocal da Historia, con nada menos que CINCO OCTAVAS E MEDIA sen axuda de programas informáticos (para facernos unha idea, o habitual é que os cantantes teñan un rexistro de dúas octavas aproximadamente; para máis información podedes consultar coa profe Olalla). Iso fai que sexa capaz de facer cousas absolutamente imposibles para calquera outro cantante. Ademais, habitualmente canta cancións sen palabras ou en idioma inca.

Seguro que vos parecerá un pouco raro, pero trátase de ter novas experiencias, non si?


Que o disfrutedes!

Ningún comentario:

Publicar un comentario