martes, 17 de marzo de 2020

Por se vos apetece trastear un pouco...

Non todo vai ser romper a cabeza! É importante facer cousiñas creativas.

Se vos apetece, podedes consultar aquí unha batería de manualidades que se poden facer con materiais que teñades pola casa ou de refugallo. De xeito totalmente voluntario, por suposto.

Con isto rematamos o día de hoxe. Seguirei en liña ata a hora de saída do cole por se a alguén lle xurde algunha dúbida. Para o resto, ata mañá!

Por certo, sigo sen saber nada de LMC, ANL e RNL. Espero que esteades ben.


Ningún comentario:

Publicar un comentario