Ola meus poliños.
Nun momento vos pasarei o traballo do día, pero antes diso vouvos explicar como imos organizar as clases destas próximas semanas.
Ás 9:20-9:30 aproximadamente marcareivos o traballo do día como viñemos facendo ata agora, que estará pensado para facer en aproximadamente hora e media.
Ás 11:00 asistiremos á clase do día en Clan TV, onde cada día repasan unha asignatura (Se alguén non pode velo, por favor avisádeme).
Ás 12.00 tomarémonos un pequeno descanso, ata as 12:30 aproximadamente.
A partir das 12:30, faremos unha batería de exercicios relacionados co que explicaran o día anterior en Clan.
Pola tarde, realizaremos o RETO DO DÍA como viñemos facendo ata agora.
Ningún comentario:
Publicar un comentario