Bo día a todos e todas!
O traballo para facer hoxe é o seguinte:
MATEMÁTICAS: Páxina 96 (1, 2, 3, 4, 5)
LINGUA: Páxina 137 (1, 2, 3, 4, 5, 6)
SOCIAIS: Páxina 64 (1) e 65 (1, 2)
Ademais, a profe Gloria colgou no seu blog actividades de Inglés para que vaiades facendo. Como hoxe tiñades clase con ela, podedes facer algunha. Para acceder ao seu blog, pinchade aquí.
Nun momentiño estarei dispoñible para calquera cousa que necesitedes. Os que intentastes contactar comigo onte e non destes feito porque vos pedían unha autorización por ser menores de idade, pedide permiso a vosos pais para mandarme un correo electrónico desde o seu móbil, e indicade nel quen sodes.
Unha aperta!
Ningún comentario:
Publicar un comentario