luns, 23 de marzo de 2020

TRABALLO DO DÍA: 23 de marzo

LINGUA GALEGA: Escribir un pequeno texto narrativo contando o que fixeches durante estes últimos catro días e envialo por correo electrónico (dúas opcións: Escribir o texto nunha folla de libreta, sacarlle unha foto co móbil e compartilo por correo electrónico usando desde a mesma foto a tecla de "compartir" > correo electrónico e na seguinte pantalla poñer a nosa dirección: galineirodequinto@gmail.com ; ou teclear o texto directamente no ordenador quen poida). Non me valen telegramas de dez palabras, pero tampouco quero unha novela por entregas, eh MCC? (NOTA: O texto non ten por que contar a realidade exacta, podedes facer un texto humorístico, por exemplo)

MATEMÁTICAS: Página 110: 1, 2

CLASE DE CLAN TV

CIENCIAS DA NATUREZA: Elaborar material de estudo sobre os órganos dos sentidos (páx. 54-55). Para sto pode ser útil que repasedes os vídeos que vos deixei o luns.

Ningún comentario:

Publicar un comentario