martes, 31 de marzo de 2020

RETO DO DÍA: 31 de marzo

Onte creastes un personaxe fantástico para os deberes de Lengua (por exemplo, a ra púrpura borrona con nariz de porco, absolutamente terrorífica, que creou LMP).

Hoxe fixestes unha descrición dun outro personaxe diferente que vos pasei.

O reto do día é crear un texto narrativo completo no que aparezan, como mínimo, eses dous personaxes, xunto coas nosas amigas Magdalena e Gertrudis, e estea ambientado nunha cidade anterior ao século XIX como a que vimos hoxe no programa de Clan (xa sabedes... "¡Agua va!"). Lembrade que debe ter todas as partes do texto narrativo: Unha introdución, un nó e un desenlace. Procurade evitar os "e..., e..... e...." (e foron a un castelo e viron un dragón e a ra púrpura escapou e....)

Escribide as vosas historias ben presentadas, sen faltas e con boa letra, e facede unha ilustración como esas tan fermosas que sabedes facer vós. Sacádelles unha foto e publicarémolas no blog.

Ningún comentario:

Publicar un comentario