martes, 31 de marzo de 2020

TRABALLO DO DÍA: 31 de marzo.

Bo día a todos e todas.

Velaquí o traballo para hoxe:

INGLÉS: Adiantar o traballo que vos deixou Gloria (lembrade que se tedes algunha dúbida podedes mandarlle un correo)

MATE: Facer os catro primeiros problemas desta ficha (preme para descargar)

Ver a clase de Clan

LINGUA: Describir un personaxe que vos asignarei cando me solicitedes (podédelo facer a través de Skype ou enviándome un correo electrónico). A descrición debe ter en conta o físico do personaxe, a súa forma de vestir e como pensas que será a súa personalidade, ademais de usar un vocabulario específico. E como estamos en quinto, xa non teño que dicir que non nos gustan os telegramas, verdade?

Apertas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario