luns, 30 de marzo de 2020

RETO DO DÍA: 30 de marzo

Non vos encanta a pintura clásica? A min si.

Ao longo dos séculos, grandes artistas pintaron obras que perduraron e perdurarán grazas aos museos.

O reto de hoxe consistirá en buscar un retrato famoso, de calquera época, e intentar reproducilo co voso propio corpo e caracterizados con material que teñades pola casa. Pedídelle a vosos pais ou irmáns que vos saquen unha foto e mandádea por correo electrónico (Non a publiquedes como comentario!)

Velaquí vos deixo un exemplo: Unha entrada do blog Cultura Inquieta (para vela, premede aquí). OLLO! Como sabedes, a maioría das webs teñen publicidade que pode ser maliciosa. Non pulsedes ningún anuncio, por moi brillante e atractivo que sexa! E sobre todo NON PROPORCIONEDES NINGÚN DATO PERSOAL.

Para buscar retratos famosos, podedes mirar a seguinte web:

Museo Nacional del Prado (Colección de obras do Museo del Prado, en Madrid)




Ningún comentario:

Publicar un comentario