venres, 27 de marzo de 2020

RETO DO DÍA: 27 de marzo.

Imaxina que estás nunha habitación.

Esa habitación ten dúas portas. Unha delas conduce á saída, mais a outra ten detrás unha montaña de deberes que puxo o profe para as vacacións e que deberás facer na súa totalidade para poder saír de alí. (Obviamente, non sabes detrás de cal está cada cousa)

Nunha desas portas está Magdalena. Na outra está Gertrudis. Unha delas (non sabemos cal) sempre di a verdade, mais a outra sempre di unha mentira.

Podes facer unicamente unha pregunta a unha das dúas para tomar a decisión de que porta abrir.

Que pregunta lle farías e que farías a continuación?

Responde cun comentario nesta entrada. Usa a cabeciña!

Ningún comentario:

Publicar un comentario