mércores, 18 de marzo de 2020

Boa fin de semana!

Igual con todo isto do confinamento temos todos perdido un pouco a noción do tempo, non si? Pois lembrade que mañá é festivo e que o venres facemos ponte! 💃💃💃💃 por tanto, librádesvos de min ata o luns.

En calquera caso, por se alguén se aburre, podedes facer o problema 12 da páxina 96 de Mate, e os "Ponte a proba" de Lengua e Lingua (páx. 138). E o resto do tempo, pasádeo coas vosas familias, cantade, bailade, ride,
xogade (incluso un chisco a videoxogos, pero non de máis!) e, sobre todo, descansade.

Ata o luns!


Ningún comentario:

Publicar un comentario